CRTVG

Buscar

Catro positivos en dúas residencias de maiores de Vigo elevan a 62 os usuarios contaxiados en Galicia

Publicado o 11/08/2021 13:19
Catro positivos en dúas residencias de maiores de Vigo elevan a 62 os usuarios contaxiados en Galicia

Catro positivos por covid-19 detectados en dúas residencias de maiores de Vigo -un na DomusVi e tres na de Santa Marta- elevan a 62 os usuarios contaxiados en 11 centros en Galicia, catro casos máis que a xornada anterior.

Segundo informaron este mércores as consellerías de Sanidade e Política Social, detectouse outro positivo na DomusVi Vigo, que eleva a dous os usuarios con covid neste centro; mentres que se incorpora á lista a Santa Marta de Vigo, con tres positivos. A residencia Val de Monterrei é a que conta con máis usuarios contaxiados, 25. 

En canto ás residencias de atención á discapacidade, mantéñense 31 casos de covid, todos eles no Fogar e Clínica de San Rafael en Vigo.

Noticias web

11/08/2021