CRTVG

Buscar

Catro persoas quedaron feridas en Lugo tras unha pelexa entre dúas familias

Publicado o 16/04/2021 15:21

Ata catro persoas quedaron feridas en Lugo nunha pelexa entre dúas familias. O enfrontamento tivo lugar nas Gándaras, diante mesmo do colexio do barrio. Os implicados, que eran decenas, agredíronse uns a outros con varas, e un deles mesmo atropelou dúas veces seguidas un dos membros do bando contrario. 

O acontecido motivou a indignación da comunidade educativa do colexio das Gándaras, en especial polo feito de se producir a pelexa ás portas do centro. Sinalan que os alumnos, que nada teñen que ver co conflito, quedaron impresionados coas escenas de extrema violencia que presenciaron. 

Co fin de previr novos episodios violentos, as policías local e nacional acudiron ás portas do colexio das Gándaras. Tamén se desprazaron, co apoio dos antidisturbios, ao Camiño da Roca, a Mazoi e mais ao HULA para rexistrar as vivendas dos clans enfrontados. 

 

Noticias web

16/04/2021