CRTVG

Buscar

Catro persoas detidas e 32 quilos de cocaína comisados nunha operación antidroga

Publicado o 23/06/2021 13:43
Catro persoas detidas e 32 quilos de cocaína comisados nunha operación antidroga

A colaboración da Policía Nacional de Lugo e Almería permitiu incautarse de 32 quilos de cocaína. 

Catro persoas detidas nunha operación que permitiu desartellar unha rede que trasladaba a droga dende as Illas Canarias cara a Europa. Un dos detidos é un transportista galego que traballa pola zona de Lugo e que, presuntamente, se valía do seu vehículo para transportar a cocaína. Os axentes policiais atoparon 29 paquetes do estupefaciente nas rodas de reposto do camión.

Os detidos utilizaban como tapadeira unha empresa de exportación de maquinaria agrícola. Agora, os catro pasaron a disposición xudicial, quedando dous deles ingresados en prisión. 

Noticias web

23/06/2021