CRTVG

Buscar

Catro partidos de sanción para Iago Rodríguez por uns chíos en Twitter

Publicado o 16/04/2021 21:47

No Parrulo coñeceron hoxe a sanción de 4 partidos para Iago Rodríguez polos chíos publicados en xaneiro nos que se queixaba de ter que xogar contra o Xaén sabendo que no conxunto andaluz había positivos por coronavirus. Aquilo derivou nun gromo que afectou o cadro ferrolán, que tivo que se confinar. O equipo xa protestara a proposta de sanción sentando no chan no partido que finalmente logrou xogar contra El Pozo. O Comité de Competición ratificou hoxe a sanción e o club vai presentar un recurso ante o Tribunal Administrativo do Deporte.
 

Noticias web

16/04/2021