CRTVG

Buscar

Catro novas mortes elevan a cifra total de falecidos pola covid-19 en Galicia a 656

Publicado o 04/09/2020 12:07

• Tres falecidos están vencellados coa residencia do Incio, que suma tres casos máis | A de Outeiro de Rei detecta catro positivos máis

Ourense e Vigo, as áreas sanitarias que máis soben en casos activos

 

Catro novas mortes elevan a cifra total de falecidos pola covid-19 en Galicia a 656

Este venres, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 4.082, segundo os últimos datos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade. Isto supón 91 máis ca onte.

Ademais, nas última horas faleceron catro persoas en Galicia. Trátase de dúas mulleres de 84 e 62 anos, ingresadas no HULA e no CHUAC, respectivamente; e dous homes de 88 e 59 anos, ambos ingresados no HULA. As tres persoas falecidas no Hospital Lucus Augusti estaban vencelladas á residencia do Incio. Pola contra, a persoa falecida no CHUAC non tiña relación non ningunha residencia.

Así mesmo, na tarde de onte tamén se notificara o falecemento dunha persoa que fora diagnosticada por coronavirus. Trátase dun home de 79 anos que estaba ingresado no Hospital de Montecelo e presentaba patoloxías previas. Tras sumar estes datos, a cifra total de falecidos elévase a 656.

Casos activos por áreas sanitarias

Do total de casos activos, 1.445 (+20) son da área da Coruña, 796 (-2) da de Lugo, 412 (+26) da de Ourense, 279 (+8) da de Pontevedra, 327 (+25) da área de Vigo, 673 (+14) da de Santiago, e 150 (=) dade Ferrol.

As áreas sanitarias que máis soben en casos activos son Ourense e Vigo. Por outra banda, na da Coruña rexístranse 3 casos activos menos.

No tocante a hospitalizacións hai 15 persoas na UCI, 171 en planta e 3.896 que se recuperan nas súas casas. En total realizáronse 354.273 probas PCR dende o inicio da pandemia. 

 

En ampliación.