CRTVG

Buscar

Catro municipios pontevedreses superan o límite de 500 casos de incidencia

Publicado o 14/07/2021 14:02

Os casos de Sanxenxo, Poio, a Illa de Arousa e Cambados suman 313 positivos dos máis de 1.100 activos nesta área sanitaria. En todos os concellos segue subindo o cómputo de contaxios que se determina a partir do padrón de residentes, daquela a incidencia na Arousa e no Salnés acada cotas elevadas. Aínda que o número de pacientes ingresados en UCI se mantén en tres, hai unha persoa máis hospitalizada, e xa son dez.

Nas últimas 24 horas rexistráronse 78 positivos novos en Vigo e xa son 908 os infectados. Nigrán suma catro e a conta sobe a 38, pero en Redondela detectáronse dez máis e hai 92 diagnosticados. Son os tres municipios coa taxa de incidencia máis alta desta área sanitaria.

Na área sanitaria viguesa tamén sobe o número de pacientes hospitalizados, de tres a sete, pero as UCI seguen libres de covid−19. Nas últimas horas entrou en funcionamento o sistema de autocita para cribados e, segundo as farmacias da provincia de Pontevedra, a participación nas probas en botica aumentou un 173 % nestas primeiras semanas de xullo.

Noticias web

14/07/2021