Catro mozos mallan nun camareiro en Gandía cando marchaban sen pagar
Publicado o 20/08/2021 09:58
Brutal malleira a un camareiro en Gandia, Valencia. O home saíu detrás de catro mozos despois de que marcharan sen pagar unhas consumicións e fíxolles fronte. Púxolles o coche detrás do seu para que non puidesen marchar e eles baixaron. Despois dun forcexo e varias puñadas, finalmente o home cae ao chan e volve recibir golpes e patadas.
O camareiro está recuperado e traballa no seu bar. A policía está a investigar o suceso para esclarecer os feitos.