CRTVG

Buscar

Catro mortes máis elevan a 1.327 os falecementos por covid-19 en Galicia

Publicado o 16/12/2020 21:31
Catro mortes máis elevan a 1.327 os falecementos por covid-19 en Galicia

Catro persoas faleceron este mércores diagnosticadas de covid-19, polo que Galicia suma 1.327 mortes desde o inicio da pandemia, segundo datos de Sanidade.

Os decesos son os dunha muller de 89 anos no CHUAC da Coruña, outra muller de 74 no mesmo hospital, así como un home de 80 anos na residencia Vila do Conde, en Gondomar (Pontevedra), e unha muller de 88 anos na residencia San Salvador, de Guntín (Lugo).

O Sergas indica que os falecidos presentaban patoloxías previas.