CRTVG

Buscar

Catro ladróns intentan roubar na casa do concello de Verín

Publicado o 16/06/2021 13:04
Catro ladróns intentan roubar na casa do concello de Verín

Catro persoas entraron roubar de madrugada na casa do concello de Verín coas chaves a través da porta principal e, logo de remexer varios caixóns á procura de diñeiro, tentaron forzar tamén a caixa forte cun soprete e cun trade.

A intervención inmediata da Garda Civil evitou a consumación do roubo. Os catro ladróns fuxiron e ás poucas horas dous deles foron detidos na provincia de Zamora e os outros dous fuxiron a pé.

Noticias web

16/06/2021