CRTVG

Buscar

Catro horas parados e sen aire acondicionado no Alvia que une Barcelona coa Coruña

Publicado o 09/06/2021 12:54
Catro horas parados e sen aire acondicionado no Alvia que une Barcelona coa Coruña

O tren Alvia que facía este martes o percorrido entre Barcelona e A Coruña sufriu unha avaría en Miranda de Ebro, que obrigou a recolocar 235 pasaxeiros. Foi por mor dun fallo técnico na catenaria, que deixou sen electricidade o convoi, que estivo catro horas parado sen aire acondicionado. Tampouco había servizo de bar, suspendido pola pandemia. Os pasaxeiros foron trasladados finalmente a outros trens.

Noticias web

09/06/2021