Catro galegos loitarán por entrar a traballar no Celler de Can Roca
Publicado o 10/12/2019 21:26
Dentro de poucas horas, catro galegos pelexarán por entrar traballar nun dos mellores restaurantes do mundo. Están entre os trinta finalistas que aspiran a lograr unha das 10 bolsas BBVA de formación no Celler de Can Roca, en Xirona. Mañá afrontarán a proba final.