Catro feridos nun accidente de tráfico na A-52 en Trasmiras

Catro persoas quedaron feridas de distinta consideración tras sufrir un accidente de tráfico na A-52 ao seu paso por Ourense á altura do punto quilométrico 182, en sentido a Benavente. Dous dos feridos precisaron evacuación en ambulancia.
O sinistro sucedeu pouco antes das cinco da tarde. Emerxencias recibiu avisos por chamadas de particulares que alertaban dun furgón envorcado e que os seus ocupantes podían necesitar axuda para abandonar o vehículo.
Desde 061 mobilizouse o helicóptero medicalizado con base en Ourense. Ante a posibilidade da existencia de persoas atrapadas desprazouse ata o lugar unha dotación dos bombeiros de Xinzo de Limia, pero non tiveron que intervir para excarcerar a ningún dos feridos.
Axentes da Garda Civil de Tráfico e do servizo de mantemento de estradas desprazáronse para prestarlles apoio os equipos de intervención.