CRTVG

Buscar

Catro feridos leves ao descarrilar o Intercity Alxeciras-Madrid en Málaga

Publicado o 06/11/2020 08:08

Tres pasaxeiros e o interventor do tren quedaron feridos leves tras descarrilar o tren Alxeciras-Madrid á altura da provincia de Málaga. Corenta e tres persoas viaxaban no tren. Todos os feridos teñen contusións leves. Renfe informou que se están a investigar as causas do descarrilamento, que pode estar relacionado co temporal de chuvia que afectou a Málaga este xoves.






 

Noticias web

06/11/2020