CRTVG

Buscar

Catro falecidos e 27 sobreviventes nun caiuco a 500 km do Hierro

Publicado o 27/08/2021 13:08
Catro falecidos e 27 sobreviventes nun caiuco a 500 km do Hierro

EFE/ Carlos De Saá

EFE

A embarcación de Salvamento Marítimo Guardamar Talía rescatou este venres 27 persoas con vida e catro cadáveres que ían nun caiuco a uns 500 quilómetros ao suroeste da illa do Hierro. Os falecidos son unha muller, un home, un adolescente e unha nena, detallaron a Efe fontes de Salvamento Marítimo.

Os sobreviventes son 26 adultos -13 homes e 13 mulleres- e un menor de idade. Todos eles son de orixe subsahariana. Tras completar o rescate, a Guardamar Talía emprendeu rumbo ao porto da Restinga, onde ten previsto chegar sobre as 7:00 horas deste sábado.

Foi este xoves cando os tripulantes dun pesqueiro avistaron o caiuco e ofreceron auga e comida aos seus ocupantes, dos que Salvamento Marítimo non puido facerse cargo ata este venres debido á distancia da súa posición. 

Noticias web

27/08/2021