CRTVG

Buscar

Catro falecementos elevan o total de vítimas a 2.550 por mor da covid en Galicia

Publicado o 24/08/2021 19:59
Catro falecementos elevan o total de vítimas a 2.550 por mor da covid en Galicia

O Sergas acaba de notificar o falecemento de catro persoas que foran diagnosticadas con coronavirus. Polo tanto, o número de vítimas ascende a 2.550 desde o comezo da pandemia en Galicia.

Os decesos son os dunha muller de 68 anos no CHOP, un home de 85 anos no Hospital Virxe da Xunqueira, unha muller de 93 anos na residencia García Hermanos de Betanzos e unha muller de 89 anos no CHUAC.

Segundo informa Sanidade, as persoas falecidas presentaban patoloxías previas.

Noticias web

24/08/2021