Catro dos cinco detidos no desaloxo dun local xuvenil en Vitoria quedan en liberdade
O ano novo comezou cunha batalla campal ás portas deste local okupado de Vitoria. Ante as protestas veciñais pola festa que se estaba a celebrar no interior, varias patrullas da Policía Local e da Ertzaintza acudiron ata o lugar para desaloxar o inmoble; momento no que comezou a liorta.
O enfrontamentos entre as forzas de seguridade e as persoas que alí estaban concentradas rematou con cinco persoas detidas acusadas de agredir varios axentes, das cales catro xa quedaron en liberdade. O quinto foi posto a disposición xudicial xa que sobre el pesaba unha orde de detención anterior por atentado contra a autoridade.
Dende o Concello seguen defendendo que a actuación policial foi proporcionada e que estaba xustificada polo ruído, algo co que discrepan os que xestionan o local ocupado.