Catro detidos por unha plantación de marihuana nunha nave que tiñan alugada en Poio
Publicado o 20/11/2019 13:29
Catro persoas detidas en Vilanova de Arousa e Ribadumia pola súa suposta relación cunha plantación de marihuana, localizada no concello de Poio.
A Garda Civil incautouse de 341 plantas en período de crecemento, nunha nave que os arrestados tiñan alugada na parroquia de Samieira. Contaba cun sofisticado sistema de ventilación, e estaba compartimentada para o cultivo da marihuana nas diferentes fases de crecemento. Ademais, contaba con lámpadas de alta voltaxe, e dous xeradores de corrente para que as plantas crecesen con rapidez.
Os detidos están acusados dun delito contra a saúde pública, por cultivo e elaboración de drogas.