CRTVG

Buscar

Catro detidos polo asasinato de Javier Ardines, concelleiro de EU en Llanes

Publicado o 20/02/2019 09:25

O asasinato do concelleiro de Esquerda Unida en Llanes, Francisco Javier Ardines, foi, supostamente, por celos. Seis meses despois do crime, a Garda Civil detivo catro persoas. Entre eles, o home que presuntamente ideou o asasinato e por encarga. Era amigo e familiar de Ardines. Ordenou matalo, presuntamente, porque non lle gustaba a relación do concelleiro coa súa muller.

Seis meses sen noticias de Francisco Javier Ardines pero seis meses de exhausta investigación. Iso é o que vén demostrar a espectacular operación da Garda Civil que amencía co primeiro dos rexistros: o desta casa de Amorebieta, en Biscaia, propiedade do xa detido e, segundo fontes da investigación, o tamén xa considerado como indutor do crime por encarga. É este home, esposo da prima da muller de Ardines, a quen supostamente mandou matar despois de coñecer que podería ter unha relación coa súa muller.

Simultaneamente e tamén en Biscaia realizábanse tres rexistros máis que concluíron con novas detencións: a dun intermediario e dous homes de nacionalidade alxeriana, un deles arrestado en Suíza e reclamada xa a súa extradición. 40 axentes, miles de horas de traballo e máis de 180 días de investigacións que mantiñan expectante a localidade asturiana de Llanes, onde Ardines era concelleiro por Esquerda Unida.

Tamén estaba moi cerca o presunto autor intelectual do crime. Pasaba longas temporadas nesta casa de Belmonte de Pría, a 20 quilómetros de Llanes e a poucos metros da vivenda onde vivía Ardines, con quen a parella compartía tempo e amizade. Pero non se lles volvera ver desde que o 16 de agosto o concelleiro foi golpeado e asfixiado ata a morte.

Desde unha vinganza política ata o crime sentimental, as especulacións foron moitas pero estas detencións comezan a despexar todos os interrogantes. Os arrestados van chegando ao cuartel de Llanes pero non pasarán a disposición xudicial ata que rematen os rexistros.
 



 

Noticias web

20/02/2019