CRTVG

Buscar

Catro detidos nunha operación en Marín e Vilagarcía contra a venda ilícita de fármacos

Publicado o 21/06/2021 13:17
Catro detidos nunha operación en Marín e Vilagarcía contra a venda ilícita de fármacos

A Policía Nacional e a Garda Civil desartellaron un grupo especializado na venda de medicamentos de xeito ilegal sen receita médica. A operación iniciouse grazas a unha denuncia anónima e levouse a cabo en Vilagarcía de Arousa, Marín, Lorca e Córdoba. Hai catro persoas detidas.

Ofrecían fármacos que debían ser vendidos con receita e nalgúns casos eran substancias estupefacientes. Para facerse cos medicamentos, dous membros do grupo modificaban as prescricións médicas do seu propio tratamento, mentres que outro colaborador en Marín adquiría as substancias na Internet profunda para despois vendelas. 

Noticias web

21/06/2021