CRTVG

Buscar

Catro detidos no rexistro do despacho do ex-embaixador en Venezuela por branqueo

Publicado o 20/05/2019 20:54
Catro detidos no rexistro do despacho do ex-embaixador en Venezuela por branqueo

O embaixador español en Venezuela durante o mandato de Zapatero cobrou 3,8 millóns de euros en Panamá por asesorías ficticias a Hugo Chávez. 

A Policía Nacional rexistrou o despacho en Madrid do ex-político socialista Raúl Morodo e detivo catro persoas, entre elas o fillo do diplomático.

Os investigadores cren que branquearon polo menos catro millóns de euros que recibiron de Petróleos de Venezuela por asesoramentos ficticios.

A operación está dirixida polo xuíz da Audiencia Nacional Santiago Pedraz, a instancias da Fiscalía Anticorrupción. 

Noticias web

20/05/2019