CRTVG

Buscar

Catro detidos e case unha tonelada de haxix incautada no Estreito

Publicado o 09/08/2020 11:32

Nos traballos de vixilancia e control do Estreito que realiza a Garda Cviíl detivo catro persoas e logrou incautar un alixo de 963 quilos de haxis, ademais dunha embarcación semirríxida que transportaba os fardos.
A operación realizouse cando un avión do Servizo de Gardacostas de Islandia, que opera na operación Índalo de control das fronteiras exteriores de Europa detectou a lancha no mar de Alborán con catro persoas a bordo e na que se apreciaba con claridade o alixo que levaba a bordo.

Un dispositivo coordinado polos servizos marítimos da Garda Civíl de Ceuta e de Alxeciras con patrulleiras e co apoio da aeronave islandesa saíron o encontro da embarcación que lograron interceptar despois dun longo seguimento para trasladala canda os seus ocupantes e a droga a Ceuta. Alí procederon a detención dos tripulantes, naturais de Marrocos, Bélxica e Francia acusados de contrabando e tráfico de drogas. Os 26 fardos de haxix que levaban alcanzaron un peso de 963 quilos.

 

Noticias web

09/08/2020