CRTVG

Buscar

Catro detidos e 2 quilos cocaína comisados a un grupo asentado en Galicia

Publicado o 09/07/2021 17:18
Catro detidos e 2 quilos cocaína comisados a un grupo asentado en Galicia
EFE

A Policía Nacional detivo catro persoas e comisou máis de dous quilogramos de cocaína dunha suposta banda de distribución de droga asentada en Galicia que transportaba a distintos puntos de España.

Na operación, que bautizaron co nome de "Vieira-Arena Negra", os axentes incautáronse tamén de preto de 1,4 millóns de euros en efectivo na vivenda dun dos detidos, que, segundo di a Policía nun comunicado, "evidencia a capacidade operativa da organización criminal desarticulada".

Dos catro detidos, dous son residentes en Marín e outros dous en Vilagarcía de Arousa, e polo menos dous deles teñen antecedentes de detención policial por presuntos delitos.

Os catro foron arrestados cando viaxaban en dous vehículos diferentes, o primeiro deles ocupado por unha muller que facía "funcións de 'lanzadeira', alertando da eventual presenza policial na estrada".

A certa distancia viaxaban noutro vehículo dous homes que "transportaban a partida de estupefacientes", sinala a nota. 

O Xulgado de Instrución número 1 de Vilagarcía de Arousa xa decretou o ingreso en prisión das catro persoas detidas. Á única muller detida, que facía a función de lanzadeira, alertando da eventual presenza da policía na estrada, o xuíz fixoulle unha fianza de 25.000 euros. Ne

Os investigadores, que levaban meses seguíndolles a pista, sinalan que todos eles organizaran o traslado da droga desde Vilagarcía ata a localidade asturiana de Avilés. Tras estas primeiras detencións, os axentes lograron identificar o cuarto integrante desta rede, que segundo a investigación, era o encargado de fornecer a droga. 

o domicilio desta cuarta persoa foi onde as autoridades acharon os 1,4 millóns de euros, fraccionados en billetes de distinto valor, munición do calibre 9 milímetros, dus envasadoras ao baleiro e unha máquina de contar billetes, así como diversa documentación. E