CRTVG

Buscar

Catro deputados de Ciudadanos no Parlamento valenciano abandonan o partido

Publicado o 07/05/2021 10:39
Catro deputados de Ciudadanos no Parlamento valenciano abandonan o partido

Os deputados de Ciudadanos Cristina Gabarda, Jesús Salmerón, José Antonio Martínez e Sunsi Sanchis solicitaron a baixa no partido e abandonaron o grupo parlamentario en Les Corts.

Foi nun comunicado onde anunciaron que "seguirán traballando e defendendo en liberdade os intereses de todos os valencianos". Non deixan a súa acta e pasarán ao grupo de non adscritos. Na carta, sinalan que "desde hai máis dun ano, coa nova dirección do partido", observaron "como Ciudadanos foi abandonando eses principios liberais" que os levaron a sumarse ao proxecto. 

O grupo de Ciudadanos queda agora con 14 deputados e pasa a ser a cuarta forza política no Parlamento valenciano.

Doutra banda, a luguesa Marta Rivera que fora conselleira de Cultura na Comunidade de Madrid pediu a baixa na formación laranxa. Rivera chegara a Ciudadanos no 2015 e formou parte do Goberno de Madrid ata a convocatoria de eleccións. Agora podería estar outra vez no executivo de Ayuso como independente