CRTVG

Buscar

Catro comunidades van presentar emendas contra a prohibición da caza do lobo

Publicado o 18/06/2021 15:03

As catro comunidades autónomas que acollen máis do 95 % dos lobos de todo o estado van facer fronte común cos principais sindicatos agrarios. O obxectivo é parar a prohibición total da caza do lobo que contempla o decreto do Ministerio para a Transición Ecolóxica e que entraría en vigor a finais de setembro. A presentación dunha emenda total ao decreto é o primeiro paso dunha estratexia que pasa tamén por actualizar o censo de lobos e achegar máis fondos para investigación e protección.

Conmunidades e sindicatos aseguran que o decreto se basea en parámetros científicos pouco contrastados e que non contempla ningunha partida orzamentaria para paliar os danos que se deriven da protección especial ao lobo. Por iso, piden que o Goberno desenvolva medidas para que os custos de conivencia co lobo non recaian só nos gandeiros. A Xunta xa lle encargou ao investigador científico Luís Llaneza a actualización do censo de lobos galego.

Noticias web

18/06/2021