CRTVG

Buscar

Plantan 350 árbores na honra das dúas mulleres falecidas en Chandebrito en 2017

Publicado o 17/10/2021 15:17

Un domingo coma hoxe de hai catro anos e dous días producíronse os brutais incendios que asolaron a contorna de Vigo. No de Chandebrito, no concello de Nigrán, morreron dúas mulleres. Hoxe lembrouse aquela fatídica data co obxectivo de que nunca se volva repetir. 

Preto dun cento de persoas plantaron este domingo trescentas cincuenta novas árbores en Chandebrito: amieiros, castiñeiros, acivros, freixos ou carballos. Desde os incendios de 2017 todos son conscientes do importante que é coidar o noso contorno e comezar a facelo dende cativos.

O monte semella outro. Atrás queda a triste imaxe de hai catro anos e as dúas mulleres mortas na lembranza. Todos traballan para que aquilo non se repita. Neste tempo plantáronse 35.000 árbores. Axiña contarán cun novo parque forestal na zona de Río Táboas.

Cun acceso difícil e con moito monte en mans privadas mal conservado, aínda queda moito traballo por facer nesta e noutras localidades galegas.

Noticias web

17/10/2021