CRTVG

Buscar

Catro anos de cadea e deportación por violar unha unha menor de idade ebria

Publicado o 14/05/2021 11:58
Catro anos de cadea e deportación por violar unha unha menor de idade ebria

Acepta catro anos de prisión o mozo de 28 anos acusado de violar en Lugo unha menor ebria e baixo os efectos das drogas. No xuízo quedou probado que abordou a moza na rúa, na Noitevella de 2020, e que a levou cara a un garaxe. Alí quitoulle a roupa de xeito violento e comezou a realizarlle tocamentos, pero cando tentou penetrala os berros da vítima alertaron outro mozo que pasaba pola zona, polo que o agresor fuxiu.

O acusado, que será deportado ao seu país de orixe cando cumpra a metade da condena, viu rebaixada a pena inicial de nove anos, despois de recoñecer os feitos. 

Noticias web

14/05/2021