CRTVG

Buscar

Catorce mortes elevan a 2.252 os falecementos por covid−19 en Galicia

Publicado o 01/03/2021 20:37
Catorce mortes elevan a 2.252 os falecementos por covid−19 en Galicia

Sanidade informou do falecemento de 14 persoas diagnosticadas con coronavirus. Con estes datos, a cifra total de decesos notificados desde o comezo da pandemia ascende a 2.252 en Galicia.

• O día 26 do mes fasado faleceu unha muller de 89 anos na residencia La Milagrosa da Coruña.

• O pasado día 27 perderon a vida unha muller de 90 anos no CHUF, unha muller de 95 anos no mesmo hospital, un home de 95 anos na residencia La Milagrosa da Coruña e unha muller de 86 anos no CHUAC.

• Onte faleceron unha muller de 90 anos no CHUVI, unha muller de 83 anos no CHUS, un home de 86 anos no HULA, un varón de 89 anos no CHUF, unha muller de 81 anos na residencia CEGADI, unha muller de 83 anos no CHUO, un home de 82 anos no Hospital Virxe da Xunqueira e un varón de 71 anos no CHOP.

• Nas últimas 24 horas notificouse o deceso dun varón de 67 anos no Hospital Quirón Salud da Coruña.

Segundo informa o Servizo Galego de Saúde, todas elas presentaban patoloxías previas.