Catorce atletas paralímpicos galegos buscarán a gloria nos Xogos de Tokyo
A chama olímpica volve arder con forza en Toquio. O Deporte adaptado celebra o seu gran evento, os Xogos Paralímpicos, tamén... cinco anos despois. Rio 2016 acabou con 31 medallas para a delegación española, nove de ouro.
16 deportistas da nosa comunidade estarán este martes na cerimonia de inauguración. Entre eles, a atleta de Gondomar Desiree Vila, disposta a contar en primeira persoa a súa experiencia en Toquio. Desiree comparte cuarto na Vila olímpica coa monfortina Adi Iglesias.
Esta é a casa dos deportistas paralímpicos do 24 de agosto ao 5 de setembro. O momento de figuras con algunha discapacidade, pero con grandes destrezas e afán de superación, exemplo para moitos e con recoñecementos a nivel mundial como a nosa triatleta Susana Rodriguez Gacio ou a nadadora Teresa Perales, flamante premio Princesa de Asturias. Para todos eles enviou ánimos Iker Casillas.
Ademais de en atletismo, os deportistas galegos competirán en piragüismo, tiro olímpico, baloncesto en cadeira de rodas, tenis en cadeira de rodas, taekwondo e natación, co incombustible Chano Rodríguez e a figura de Jacobo Garrido, o primeiro en entrar en xogo. Todos soñan con triunfar en Toquio.