Catherine Traer e Thomas Scrubb son felices en Galicia
Esta é Catherine Traer, internacional co Canadá, e nai desde hai cinco meses. Hai unhas semanas, os do Rosalía propuxéronlle volver ao básket e, xa que estaba en Santiago co seu mozo -o xogador do Obradoiro Thomas Scrubb-, ela aceptou.
O sábado pasado Catherine regresou ás canchas na liga feminina dous xusto ao mesmo tempo que xogaba Obradoiro no SAR. E -miren- xirou o balón e os Scrubb pasaron a ser a parella perfecta do basket galego.- Porque se un tira así no quecemento, o outro tira igual. E arranca o partido e un corre e o outro tamén. E Thomas vai ao rebote e Cathertine vai e cólleo e sácallo a Thomas e Thomas devólvella e arriba. E isto son dous puntos. E o adestrador dela, Chiqui, asinte e fai un cambio. E Moncho fai un cambio, tamén. Pero aos Scrubb non os sacan. Porque eles amagan pra un laso e saen polo outro. E un asiste e o outro recibe. E esta... son tres. Incrible. Sincronizados a kilómertros de distanza. Ata cando descansan. Un limpa o nariz o o outro... tamén. Son a parella de moda.
"O Rosalía é un equipo xoven, baixiño, pero xogamos duro, con moito corazón e son moi habilidosas... asi que creo que todo vai ir ben", aseguraba Catherine.
"O Obradoiro é unha boa organización, a afección está xenial e os meus compañeiros tamén. Estou contento de como vai todo e desexando facer unha gran temporada", afirma Thomas Scrubb.
E son felices en Galicia. Coa xente, a comida, co seu pequeno, co básket. Mais soubemos que detrás de tanto sorriso e perfección hai pique. O pique dos Scrubb.
Porque si un lles pregunta quen vai gañar máis partidos...
Ou quen meterá máis puntos
Aí cede Thomas. E rebotes?
Ou mesmo quen vai cambiar máis pañais esta temporada.
O sábado pasado o Rosalía de Catherine perdeu e ela deixou 15 puntos e 12 rebotes. O Obradoiro gañou, con 12 puntos e dous rebotes de Thomas. Seguiremos informando porque o pique dos Scrubb acaba de comezar.