Cataluña relaxa as restricións unha semana antes das eleccións
Publicado o 05/02/2021 16:00
Unha semana antes das eleccións, tamén hai cambios en Cataluña.
Dende o luns bares e restaurantes terán unha hora máis para dar almorzos e comidas. Volven abrir os ximnasios e tamén haberá máis liberdade de movemento ao establecer os peches perimetrais por comarcas e non por concellos.
Modificacións tamén en Estremadura. O comercio volve abrir os sábados. E de luns a venres amplía o horario de peche ata as seis da tarde.