Cataluña prepara un cribado masivo nos colexios para detectar asintomáticos
Cataluña sumou once mortos nas últimas horas e outros 989 contaxiados. Varios centos de médicos residentes protestaron esta mañá en Barcelona para reclamar que os recortes sanitarios non afecten á súa formación.
A Generalitat ultima un plan de cribado masivo nos centros escolares para dar con casos asintomáticos e cortar posibles cadeas de transmisión.
En Valencia, ducias de traballadores e empresarios do ocio nocturno saíron esta mañá ás rúas para pedir un plan de rescate para a hostalaría.
En Tenerife, a Policia Local difundiu hoxe estas imaxes dos máis de 40 mozos que esta fin de semana foron identificados cando participaban nun botellón nun parque da cidade.
Navarra e A Rioxa son tras Madrid as comunidades que rexistran unha maior incidencia do virus.
Incidencia alta tamén en Euskadi, onde preocupa o brote da localidade guipuscoana de Zestoa, de 3.800 habitantes, e onde hai unha trintena de positivos.
Mentres, en Bilbao seguen confinados un cento de universitarios da residencia Miguel de Unamuno, despois de que 17 deles deran positivo. Tres dos mozos confinados presentan síntomas leves.