CRTVG

Buscar

Cataluña pedirá o certificado covid para entrar nas discotecas

Publicado o 07/10/2021 21:16
Cataluña pedirá o certificado covid para entrar nas discotecas

O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña avala que se pida o pasaporte covid para entrar nas discotecas desta comunidade. Con este aval a Generalitat autoriza a apertura do interior dos locais de ocio nocturno co 70 % de ocupación e con horarios prepandemia, ata as seis da madrugada o sábado e ata as cinco o resto dos días.

Cataluña é a terceira comunidade en usar o certificado covid despois de Galicia e das Baleares.

Noticias web

07/10/2021