Cataluña pecha as discotecas para frear o virus
Esta medianoite, as discotecas, as salas de baile e as salas de festas con espectáculo de toda Cataluña quedaron pechadas ao público. Os salóns de xogo, casinos e bingos seguirán abrindo pero só ata as doce.
Tamén teñen que pechar antes de esa hora os restaurantes e os bares dos municipios con maior número de contaxios, onde xa rexían medidas restrictivas, entre eles Barcelona e a súa área metropolitana.
A Generalitat impuxo estas medidas, en principio, por quince días.
No sector anunciaron que van recorrer á xustiza. Critican que as medidas se adoptaran sen aviso previo, sen dialogar, nin ofrecer axudas. Din que mandarán á ruína millerios de empresas e que non solucionarán os contaxios porque se van incrementar os botellóns.
A Generalitat contesta que a situación obriga e pídelle responsabilidade á cidadanía para non ter que ampliar os prazos.
Onte informaron de máis de mil contaxios novos. Unha presión que repercute na atención primaria e tamén nalgúns hospitais, como o Arnau de Vilanova, en Lleida.
O concello de Barcelona ampliou a 230 os informadores despregados polas rúas para recordar a necesidade de cumprir coas medidas hixiénicas e de distanciamento.
Esta é tamén a primeira fin de semana con limitación de capacidade nas praias catalanas.