CRTVG

Buscar

Cataluña notifica 131 mortes nas últimas 24 horas e estudan a súa orixe

Publicado o 14/05/2020 14:54

España volve superar a barreira dos 200 falecidos nun só día, pero o que máis chama a atención é que máis da metade desas mortes, 131, notificounas Cataluña.

Estase revisando esa información para comprobar se son casos novos ou se sumaron agora cifras atrasadas. Tamén queren rastrexar eses casos e comprobar se están asociados a algunha zona concreta onde puidese haber algún problema hai dúas semanas.

Noticias web

14/05/2020