CRTVG

Buscar

Cataluña establece franxas horarias para votar nas eleccións e minimizar riscos

Publicado o 27/01/2021 16:37
Cataluña establece franxas horarias para votar nas eleccións e minimizar riscos

Na cita coas urnas do 14 de febreiro en Cataluña vaise aplicar o seguinte protocolo: hai horario preferente para os votantes que sexan colectivo de risco. Están chamados a acudir aos colexios de nove a doce.

O resto van votar entre as doce e as sete da tarde.

E, ollo, porque hai unha última franxa para persoas en corentena, pero que poden saír votar. Farano de sete a oito da tarde.

Noticias web

27/01/2021