CRTVG

Buscar

Cataluña dá marcha atrás na súa desescalada e aumenta as restricións na hostalaría

Publicado o 18/12/2020 14:42

Cataluña dá marcha atrás na súa desescalada e anuncia restricións máis duras que afectan principalmente a hostalería. A restauración só poderá dar servizo entre as 7.30 e as 9.30 da mañá, e entre a unha do mediodía e as tres e media.

Limítanse tamén as reunións a un máximo de seis persoas, agás os días 25, 26 e 31 de decembro e o 1 e o 6 de xaneiro, que poderán ser de dez. A mobilidade queda restrinxida ao ámbito comarcal.

 

Noticias web

18/12/2020