Cataluña anuncia para o luns o inicio da desescalada

A Goberno da Generalitat acordou levantar o confinamento comarcal e permitir a libre circulación por toda Cataluña a partir do vindeiro luns e durante sete días. Daquela, tamén poderán reabrir os bares e restaurantes dos centros comerciais, entre as 7:30 e as 17:00 horas, coma o resto dos locais de hostalería.
A conselleira de Saúde en funcións, Alba Vergés, anunciou que o comité técnico do Plan de Protección Civil de Cataluña (Procicat) avalou unha nova flexibilización das restricións pola mellora dos datos epidemiolóxicos, o avance da vacinación e a chegada da calor.
Tamén o luns, a educación postobrigatoria (bacharelato e Formación Profesional) retoma as clases presenciais e amplíase a participación nas actividades deportivas e relixiosas ao 50 por cento da súa capacidade.
No sector do comercio, que traballa ao 30 %, levántanse as restricións de metros cadrados e reabren os espazos infantís lúdicos sen servizo de restauración.
A mobilidade interior non estará suxeita á limitación de burbullas de convivencia. Porén, continúa vixente o confinamento perimetral da comunidade e o toque de queda nocturno entre as 22:00 e as 6:00 horas.