Cataluña, a piques de adiar as eleccións
Publicado o 15/01/2021 09:58

Hoxe imos coñecer a decisión sobre as eleccións catalás. Pero todo indica que se van adiar tras o cambio de postura dos socialistas.
O PSC presentará unha proposta para celebralas en marzo, en todo caso sempre antes da Semana Santa. Agora están fixadas para o 14 de febreiro.
O Govern da Generalitat e os partidos cataláns comparten a idea de que os comicios deben de aprazarse.
Ata o momento os socialistas estiveron en contra e incluso ministros desa formación, como o de Transportes e o de Xustiza, expresaron dúbidas sobre a legalidade dun cambio de data que xa se fixo en Euskadi e aquí, en Galicia.