Cata de viños e imaxes no Ribeiro polo Día da Muller
Publicado o 07/03/2020 21:28
Son enólogas, adegueiras, viticultoras, colleiteiras, sumillers. Todas elas traballan no Ribeiro, unha terra na que a palabra viño escríbese con letras maiúsculas. Hoxe danlle visibilidade o seu traballo cotiá, as veces agochado tras algúns dos mellores viños de Galicia.
Tras ese traballo que moitas veces non se percibe hai viños de calidade diferenciada. Na supervisión e execución deses procesos a muller leva anos abríndose paso e rompendo estereotipos. O Ribeiro non é unha excepción.
A de hoxe din é toda unha homenaxe o seu traballo e o de tantas mulleres empeñadas en que os viños do Ribeiro sigan a ser todo un referente no sector vitivinícola.