CRTVG

Buscar

Castroverde rexista a maior incidencia de toda Galicia

Publicado o 21/06/2021 15:18

Día bastante desapracible en Castroverde. Polas rúas apenas se vía  algún que outro peregrino e iso que o Camiño empezaba a dar xa mostras da súa reactivación. A nova dos contaxios nótase.

"Si que se nota aquí no pobo pero somos todos unha piña e estamos unidos", apunta ​Cristina Cabana, hostaleira.

"Dende o venres se está facendo un cribado e está indo a cousa ben, levamos máis de 300 persoas ou 400 xa e polo que oigo están saíndo negativos todos", informa ​Xosé Mª Arias, alcalde de Castroverde. Unha celebración familiar foi o desencadeante do gromo.

Os veciños amósanse optimistas coa decisión que mañá se poida tomar. Cando un 57% dos concellos de Lugo respiran porque non rexistran novos positivos, Castroverde dálle a benvida ao verán coa incidencia máis alta de toda Galicia.

Noticias web

21/06/2021