CRTVG

Buscar

Castroverde, Camariñas, Poio, Malpica e Cambre, no nivel medio a partir do sábado

Publicado o 22/06/2021 21:24

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid−19 acordou, na súa última xuntanza, o nivel medio de restricións para os concellos de Castroverde, Camariñas, Malpica de Bergantiños, Cambre e Poio.

Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio baixo.

O comité reunirase de novo o vindeiro martes para analizar a situación epidemiolóxica dos concellos galegos.

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado 26 de xuño.

 

Noticias web

22/06/2021