Castromil, de a cabalo entre Galicia e Castela e León, un barrio confinado e outro non
Publicado o 05/11/2020 13:15
Castromil partida en dous. O barrio castelán ten peche perimetral, o galego non. Isto sobre os diarios oficiais das dúas comunidades, pero na práctica...
Outro exemplo, o carniceiro de Castromil vive na zona do concello da Mezquita, pero a súa tenda está na parte zamorana de Hermisende.
Veciños de ambas as dúas beiras do río, que máis que raia é unión, cruzan a miúdo a ponte para facer o seu día a día na aldea.
Así, non notaron moito en Castromil o confinamento de Castela e León. Seguro repararán máis no peche do bar, a partir do venres por orde da Junta, lugar de reunións entre zamoranos e ourensáns.