CRTVG

Buscar

Castro Candaz xa é visible dende a ribeira

Publicado o 04/08/2021 19:54

Son os restos dun castro prerromano que na Idade Media serviu de fortaleza. Estamos na parroquia de Pedrafita, en Chantada. Dende que se construíu o encoro de Belesar, o castro é inaccesible a maior parte do ano. Só cando baixa moito a auga do Miño pódese acceder andando. Isto adoita suceder en setembro, pero que sexa xa tan visible pode indicar que este ano será antes.

Para acceder ás paraxes dende as que se ve o castro, vaise por carreiros de toxos e silvas que vertebran as viñas, por iso cómpre facer a visita cun calzado axeitado.

Noticias web

04/08/2021