CRTVG

Buscar

Castro Caldelas celebra mañá a Festa dos Fachós

Publicado o 18/01/2019 14:34

Arestora todo son preparativos en Castro Caldelas, para a súa Festa dos Fachós, que se celebra mañá sábado coincidindo coa festividade do San Sebastián. Os veciños manteñen esta tradición dende hai case 300 anos. Ao caer a noite saen en procesión cun fachón enorme, de máis de 40 metros, acompañado duns 700 fachóns máis pequenos cos que iluminan o zona vella. Tamén haberá música, chourizos e viño da Ribeira Sacra. 

Todo está listo xa en Castro caldelas para celebrar mañá a súa Festa dos Fachós. Aquí participan todos os veciños e máis dunha vintena son os encargados de elaborar con palla de centeo os preto de 700 fachóns, e tamén o gran fachón de mide máis de 40 metros.

Unha festa que mestura o relixioso e o profano con case tres séculos de historia. Unha tradición que manteñen cada 19 de xaneiro dende o ano 1750, cando decidiron prender lume ás súas pertenzas para librarse da peste e encoméndáronse tamén a San Sebastián.

Pero ademais do lume purificador a festa inclúe a comida. No seu obradoiro Pepe e a súa xente elaboraron case 7.000 chourizos para asar.

Non faltará tampouco a mísica das gaitas e o folión, nin o viño da Ribeira Sacra ou a queimada. A festa comezará mañá entre lusco e fusco cando prenden os fachóns e percorren a escuras a zona vella da vila. Unha imaxe única que atrae a milleiros de visitantes. Castro Caldelas agarda que este ano a Festa Dos Fachós sexa declarada de Interés turísticvo de Galicia.

Noticias web

18/01/2019