A maioría das comunidades autónomas decretan o seu peche perimetral
• Galicia, illada co peche das fronteiras de Asturias e Castela e León
• As Castelas pechan ata o 9-N, Madrid quere facelo "por días"
• Portugal restrinxe a mobilidade durante a Ponte de Todos os Santos
En víspera da ponte de Todos os Santos nalgúns territorios, nove comunidades, Ceuta e Melilla restrinxen a mobilidade para frear o coronavirus. A Asturias, Navarra, Aragón, A Rioxa e Euskadi, sumábanse nas últimas horas as dúas Castelas, Andalucía e Murcia. Galicia, Estremadura, Cantabria, amais das illas, non teñen de momento restricións para moverse.
Cataluña sopésao e Valencia decidirá se pecha as fronteiras se cataláns e madrileños non se confinan durante a ponte.
Por iso, todas as olladas está agora no que fará Madrid. Tras reunirse Isabel Díaz Ayuso cos presidentes de Castela e León e Castela A Mancha en Ávila, os tres coincidían na necesidade de pechar as tres rexións.
Pero a presidenta madrileña matizaba logo: en vez de confinar ata o 9 de novembro, cando acaba o estado de alarma, Ayuso pediulle, por carta ao presidente do Goberno poder pechar por días, ata a fin da ponte o vindeiro martes.
Se os madrileños poderán saír ou non da comunidade está por tanto, no aire.
Dúas comunidades, gobernadas polo PP, sumábanse nas últimas horas ao peche perimetral. Murcia pecha fronteiras 14 días en toda a rexión e nos seus 45 municipios.
Andalucía decreta o peche perimetral ata o 9 de novembro
Esténdese a pandemia en Andalucía. Este mércores, a comunidade notificou 2089 contaxios e 32 falecidos. En Úbeda, na provincia de Xaén, a poboación participa nun cribado masivo tras o gromo detectado no hospital do municipio.
Ademais do peche perimetral da comunidade, o presidente rexional Juanma Moreno decretou o peche das provincias de Sevilla, Granada e Xaén, ademais de varios distritos sanitarios das provincias de Córdoba, Málaga e Cádiz. En total son 449 os municipios afectados. Máis da metade da poboación andaluza quedará confinada dende o venres ata o 9 de novembro.
Murcia pecha perimetralmente a rexión e todos os seus municipios
O comité de seguimento da covid−19 decidiu o peche perimetral de toda a Rexión de Murcia e dos 45 municipios da Comunidade, segundo informaron fontes do Goberno murciano.
O presidente da Comunidade, Fernando López Miras, informou das medidas aos alcaldes dos 45 municipios da Rexión e, a continuación, fixo o propio co presidente da Asemblea Rexional e os representantes de todos os grupos parlamentarios.
Na tarde do mércores, López Miras, acompañado polo conselleiro de Saúde Manuel Villegas e poloo portavoz técnico do comité de seguimento da covid−19 Jaime Pérez, compareceu para informar dos detalles desta decisión.