CRTVG

Buscar

Os casos activos seguen en aumento, cunha leve suba da presión hospitalaria

Publicado o 30/06/2021 10:44

Cunha nova suba de casos activos de covid−19, 94 máis con respecto á xornada anterior, en Galicia hai nestes momentos 1.673 pacientes contaxiados do coronavirus.

Tamén se incrementan os casos detectados. O Sergas informa de 162 contaxios confirmados mediante probas diagnósticas fronte aos 121 da xornada anterior.

Ao mesmo tempo, hai unha leve suba de presión hospitalaria, con dous ingresados máis. Ás 18:00 horas deste martes había nos hospitais galegos 54 pacientes con covid−19, dous máis que o día anterior, dos que 44 estaban en planta (+4) e 10 na UCI (-2).

Desde o comezo da pandemia, Galicia suma 129.638 persoas contaxiadas. Delas, 125.554 xa pasaron a enfermidade, 68 foron na última xornada, na que non se notificou ningunha morte e por tanto a cifra de falecidos continúa en 2.436.

Por áreas sanitarias, os casos activos increméntanse sobre todo na de Vigo, ata os 285, o cal supón 29 máis, e a de Pontevedra, con 262 (+24); só baixan moi levemente en Ourense, con dous casos menos, ata os 168.

A área da Coruña é a que continúa liderando as cifras de pacientes con coronavirus, con 512 (+13), seguida por Vigo e Pontevedra. Despois sitúanse Lugo, con 206 (+13); Ourense; Santiago, con 164 (+11), e Ferrol, con 76 (+6)