CRTVG

Buscar

Descartan omisión de socorro no atropelo dos ciclistas da Guarda

Publicado o 21/02/2019 14:40

Os afectados e a avogada que defende a familia dun dos falecidos considera que o home puido parar nun establecemento máis próximo ou empregar ou seu móbil para avisar do sinistro, cousa que non fixo.

O doce de marzo de 2016, un pelotón de ciclistas foi atropelado por un todo terreo conducido por un octoxenario que excedía a velocidade permitida. Dous deles morreron e nove quedaron feridos. O condutor, un home que hoxe xa ten 90 anos, apenas parou uns segundos e seguiu circulando ata un restaurante duns coñecidos. Non era o máis próximo, as acusacións consideran que houbo unha clara omisión de socorro. Algo que a Audiencia de Pontevedra acaba de desbotar, desbloqueando o caso.

A avogada dun dos falecidos, José Antonio Casas Pérez, Ñito, amosou hoxe a súa indignación. 
Javier González tamén ía nese pelotón e saíu despedido varios metros, e tampouco comprende a resolución. Para el está clarísimo que o condutor mesmo levaba un móbil que non usou, non os socorreu inicialmente.

Ambos os dous consideran que, de ser o condutor unha persoa de mediana idade ou nova, e non un ancián, a decisión sería outra.

Noticias web

21/02/2019