CRTVG

Buscar

Case un cento de hospitalizados pola covid na área da Coruña-Cee

Publicado o 09/08/2021 20:17
Case un cento de hospitalizados pola covid na área da Coruña-Cee

A área sanitaria da Coruña Cee segue sen dobregar a curva desta quinta vaga do virus. Mentres os casos activos baixan no resto dos distritos, aquí seguen aumentando. Xa superan os 4.600. Se a positividade das pcr anda polo 13 % de media en Galicia que xa é unha taxa moi elevada, neste distrito dispárase ata preto do 20 %. O autocovid do CHUAC volve traballar a pleno rendemento.

Pero ainda que moi lonxe do que pasou na terceira vaga, tamén está aumentando a presión hospitalaria. Hai oito veces máis enfermos de covid ingresados que a principios de verán. E onde mais, tamén na área sanitaria da Coruña e Cee. Achégase aos cen hospitalizados dos que 17 precisan coidados intensivos.

Os contaxios seguen á alza a pesar das restricións tanto na área metropolitana da Coruña como nos concellos máis turísticos da Costa da Morte. Con todo non chegan ás incidencias que chegaron a ter as localidades turísticas do Salnés en xullo, onde si que empezan a ver un cambio de tendencia.

As incidencias a 14 días seguen altísimas, por riba dos mil casos, pero lonxe dos máis de 2.200 que acadou Sanxenxo na última semana de xullo.

Noticias web

09/08/2021