CRTVG

Buscar

Case tres toneladas de ameixa e berberecho, devoltas á ría de Pontevedra pola presenza da toxina amnésica

Publicado o 01/06/2021 17:24

O Intecmar detectou a presenza da toxina ASP nunhas mostras recollidas o venres. Deseguido ás confrarías afectadas comunicóuselles que tiñan que devolver ao mar as súas capturas; foron máis de 2.800 quilos de ameixa e berberecho.

As confrarías afectadas son as de Raxó, San Telmo e Lourizán. Polo momento as praias están pechadas ao marisqueo. É o terceiro peche neste ano 2021. O primeiro debeuse á presenza de toxina paralizante

Dende o 28 de abril e ata o 6 de maio suspendeuse de novo a actividade tras detectar a presenza de toxina diarreica. Agora é a tóxina amnésica, ou ASP, a que impide o marisqueo no fondo da ría de Pontevedra.

Noticias web

01/06/2021