CRTVG

Buscar

Case tres mil persoas nas oposicións de administrativos da Xunta

Publicado o 12/06/2021 14:20

Outras novecentas trinta e oito persoas estaban convocadas en Lugo e duas mil seiscentas en Silleda, a ubicación habitual destas citas. A pandemia obrigou a empregar tres emprazamentos distintos para garantir a seguridade dos exames. Malia estar apuntadas 6197 persoas finalmente só asistiron duas mil novecentas dezasete, máis do 47% dos inscritos case seis puntos por riba do último proceso do dous mil dezaseis . Son opositores ao corpo administrativo C1 da Xunta de Galicia. Entre eles atopamos de todo desde primeirizos ata auténticos profesionais das oposicións.
Entre os asistentes tamén hai quen aproveitou este tempo de pandemia na casa para estudar máis
A pandemia implicou un protocolo COVID cun operativo de seguridade composto por preto de duascentas setenta persoas nos tres lugares. En todos houbo unha ambulancia con médico en previsión dalgún posible accidente ou indisposición.

Noticias web

12/06/2021